O xigante do téxtil galego conseguiu un beneficio neto de 1.002 millóns de euros, segundo as contas presentadas este mércores.
Até 8.196 millóns de euros chimpou a cifra de negocio de Inditex en 2006, moi por riba dos 6.741 millóns conseguidos no exercicio anterior. Eses números implican un volume total de vendas un 22% superior, e un incremento do beneficio neto de até o 25%.
Nesa altura brincou Inditex en doce meses nos que abriu 439 novas tendas, sumando a finais de febreiro de 2007 un total de 3.131 estabelecementos en 64 países. A comezos deste mesmo ano, a empresa fundada por Amancio Ortega abría espazo nun lugar significativo: en Beixín.
No último ano, Inditex incorporou 11.050 traballadores máis, chegando a un cadro total de 69.240 empregados. Desde a empresa tamén destacan a cifra de reinvestimento no negocio, un total de 1.029 millóns de euros.