Representantes da plataforma contra o canon fanlle entrega ao goberno das sinaturas que reforzan o apoio social á iniciativa.
Un canon que "encarece de forma indiscriminada os produtos e servizos" e que ten "prexudica" o desenvolvemento da sociedade da información e a competitividade económica. Son algúns dos argumentos cos que a Plataforma Todos Contra o Canon apañou apoios nos últimos meses.
Desde a posta en marcha da iniciativa en abril de 2006 a web colleitou os apoios individuais de máis de 335 mil persoas. Por outra parte, máis dun milleiro de colectivos que agrupan un total de máis de 740 mil socios, asinaron tamén o seu apoio á loita. Entre outros, están integrados na plataforma a Federación de Asociacións de Consumidores e Usuarios (FACUA), a Asociación de Empresas TIC (AETIC), ASTEL, ASIMELEC ou a Asociación de Internautas.
A lista completa foille entregada este luns ao ministerio de Industria. A este departamento correspóndelle decidir en poucos días, o prazo remata o día 27, sobre os dispositivos aos que se lle aplicará o canon dixital. A lei estabelece que esa decisión se revise cada dous anos.