Calculan que existen máis de 150 sepulturas anónimas con máis de 9 mil persoas enterradas.
A Generalitat traballa na redacción da lei que estabelecerá os criterios a seguir para apertura destas foxas. Cando o proceso se complete, será o primeiro executivo en ter regulamentado o proceso de recuperación da dignidade dos milleiros de vítimas anónimas da Guerra Civil.
Segundo publica este luns El Periódico de Cataluña, o texto estaría listo en outono. Na actualidade, as normas para a apertura de foxos teñen entre as súas restricións a necesidade de acreditar cando menos a identidade dunha das persoas aló enterradas. "A ditadura impuxo o esquecemento, e agora tratamos de dignificar técnica e humanamente a actual democracia", declarou para o xornal catalán Francisco Etxeberría, o médico forense vasco que asesora o proxecto catalán e que coordina un proxecto de recuperación da memoria en Euskadi.