Jyrki Jouko Juhani Kasvi é o primeiro representante público en ter parte da súa páxina no idioma creado por Marc Okrand para a serie televisiva e as súas secuelas.
Páxina de Kasvi en klingon
Kasvi é membro da Liga Verde do parlamento finlandés pola circunscrición de Uusimaa. Doutorado en Enxeñaría, meteuse na política porque estaba descontento coa “estupidez dos políticos”, e no ecoloxismo pola súa preocupación acerca do quecemento global.
Aínda que non explica de onde lle veu o interese pola lingua klingon, o certo é que a súa páxina persoal se pode consultar, ademais de nas dúas linguas oficiais do Estado, o finés e o sueco, en inglés e no idioma que ideou Marc Okrand.
Creada orixinalmente como vehículo de expresión dos Klingon, unha das razas extraterrestres do universo de Star Trek, a lingua fálana actualmente unhas 7.500 persoas en todo o mundo, e conta co seu instituto da lingua, a súa propia enciclopedia e versión da Wikipedia, a súa tradución do buscador Google, e mesmo hai unha versión klingon de Deutsche Welle e dalgúns programas de software.
De todos os xeitos, como se explica na Wikipedia, a lingua klingon non é útil para o seu uso na vida diaria.