Os disparos de varios soldados da Forza Internacional de Asistencia á Seguriade, ISAF, remataron este domingo coa vida de dezaseis civís en Negarhar, Afganistán. Segundo un portavoz policial, a tropa occidental abriu fogo contra a multitude logo de ser atacada por un suicida.
O tropa estranxeira transitaba pola estrada entre as cidade de Jalalaban e Torkham, preto da fronteira con Paquistán, cando foi obxecto dun ataque suicida.
Segundo informa Abdul Ghafour Khan, logo da explosión, que causou a morte dun soldado, a tropa da Otan abriu fogo contra a multitude causando, ademais dos mortos, vinte e seis feridos.
Na xornada do sábado, dous soldados do mesmo corpo morrían en combates cos insurxentes na provincia de Helmand, no sur de Afganistán.