Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Cornualles

Cornualles
    A historia diferenciada de Kernow comeza no S.VII, cando o avance dos xermánicos que invadiran a Gran Bretaña no S.V, fai que se separe do resto dos territorios da illa, en especial da futura Cymru (Gales). Derradeiro refuxio celta, os ingleses non a someteron até o 936.

Na actualidade, a lingua córnica é un elemento importante da conciencia nacional, mais a súa situación, sen recoñecemento oficial, é precaria. O córnico desapareceu a finais do S.XVIII, e no XIX 'resucítase' grazas a abundancia de textos conservados.

A pesar de non contar con apoio institucional -o Cornwall County Council dálle un apoio financeiro escaso-, xa hai arredor dun milleiros de persoas que o falan, sobre todo en Truru, a cuarta parte de maneira cotiá.

Socialmente, hai unha tendencia xeneralizada a ver con simpatía o córnico. Non é normal atopar a ninguén que estea en contra do seu uso, xa que se considera como un legado do pasado. No entanto, os que defenden a súa aprendizaxe e promoción teñen unha maior aspiración para a súa lingua.

Os nacionalistas córnicos, representados principalmente polo partido Mebyon Kernow, procuran unha maior autonomía para o seu país que os equipare con Escocia ou Gales.

Alén da conciencia como pobo, o principal argumento legal baséase en que Kernow non é un condado senón un ducado, unha nación diferenciada que nunca foi incorporada formalmente a Inglaterra a través dunha Act of Union, lei que por exemplo si aprobaron en 1707 os parlamentos inglés e escocés.

Algúns historiadores, baseándose en textos da Grecia antiga, manteñen que en Kernow existiu un parlamento xa tres séculos antes da nosa era. A finais do S.XII unha administración chamada Stannaries xestionaba o comercio de estaño. En base a unha prerrogativa real, tiñan parlamento e leis de seu, e mesmo capacidade de veto sobre a lexislación inglesa.

Xa no S.XIII, Kernow foi dividido en catro áreas. Cada unha elixía media ducia de homes para o Parlamento Stannary, que se reunían en Lostwydhyel. Porén, co paso dos séculos acabou por perder a súa influencia.

Na década de 1970, a industria do estaño resucitou o parlamento, que aínda ten 24 representantes, elixidos polos membros da comunidade Stannary -á que só pertencen aqueles que teñen raíces córnicas. Demandan o recoñecemento de Kernow como "a nación celta córnica indíxena de Gran Bretaña", e a súa independencia.

Ligazóns relacionadas

Datos básicos

  • NOME:
    Kernow
  • XENTILICIO:
    Kernowyon/córnico, córnica
  • SUPERFICIE:
    3.564 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    519.400 (2005)
  • DIVISIÓN:
    Ducado, constituído como Condado Administrativo de Cornualles (unitario dende abril de 2009) e Enesek Syllan (Illas Scilly, autoridade unitaria dende 1889)
  • DIVISIÓN HISTÓRICA:
    Penwyth, Keryer, Pedera, Pow Ereder, Trigor, Lysnowyth, Stradneth, Fawy, Ryslegh, Syllan
  • CAPITAL:
    Truru
  • OUTRAS LOCALIDADES:
    Pennsans, Porth Ia, Tewynn Pleustri

Política e Economía

  • ESTADO AO QUE PERTENCE:
    Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte
  • AUTOGOBERNO:
    Ducado de Cornualles, constituído como condado de Inglaterra (competencias moi limitadas de tipo municipal)
  • REPRESENTACIÓN:
    82 electos (123, dende os comicios do 4 de xuño de 2009)
  • PARTIDOS DENDE 2004:
    Liberal Democrat (48), Conservative (9), Labour (5), independentes (20)
  • PARTIDOS E ASOCIACIÓNS CÓRNICOS:
    Mebyon Kernow (partido nacionalista, socialdemócrata)
    Party Kenethlegek Kernow
    Cornish Constitutional Convention (Campaña por unha Asemblea propia)
    Seneth an Stenegow Kernwow: Parlamento Stannary (grupo de presión a nivel constitucional)
    Cornish not english: Foro de debate nacionalista
    Cornish 2000: loita xudicial polo recoñecemento da nacionalidade córnica
  • INDUSTRIA:
    Turismo, emprego público (o Cornwall County Council é o principal empregador do país), gandaría, agricultura intensiva, minaría (até o S.XX).

Entrevistas relacionadas

Novas relacionadas

.ker

Kernow, outra nación sen estado á procura de dominio de seu na internet

11:00 15/02/2009 - Os defensores do dominio para Cornualles admiten que se están a fixar no traballo realizado noutros territorios como...


Ver Cornualles nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

Tommas Flamank e Mighal an Gov, en Lannaghevran Mapa histórico de Gran Bretaña Vila de Porthlogh Fotografíad de 1925 Foto de Cornish Fighting Fund Cabeza de xigante, en Heligan / Autor: Ennor (gone to the lakes)

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia