En poucas horas, case 600 persoas sumáronse ao grupo de seareiros do concurso musical organizado por Vieiros.
A "conexión Celta" e as ganas de sufrir polo equipo chegaron até Dublín e Cork. Hai galegos, pero tamén moitos irlandeses que na vida pisaron Galiza.
Os seareiros da Irmandiña seguen a sorprender, neste caso cun divertido vídeo de apoio á selección.
O resultado era o de menos este sábado en Santa Isabel. Velaí unhas imaxes do encontro. Falan para a cámara de Vieiros: Sime e Davide polos seareiros e Afonso Eiré, Paco Lodeiro e Roberto Vilar polos persoeiros.