Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: rede-de-accion-socio-cultural-arredemo

7/Agosto/2007 /

SOS Courel. Paremos a desfeita

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel. A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy... Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria. Infórmate sobre como chegar e onde procurar aloxamento.