14/Xaneiro/2010 /
Verdegaia quere manifestar a súa máis rotunda oposición á política de repoboacións que está a levar a cabo Medio Rural en espazos protexidos da Rede Natura 2000. A plantación de piñeiros no Courel, a última das actuacións desta Consellería polo de agora, pon de manifesto a nefasta política ambiental dunha Xunta de Galicia incapaz de xestionar axeitadamente os lugares máis valiosos da nosa xeografía.