Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: panteon-de-galegos-ilustres

Por Rosalía e polo Panteón
15/Xullo/2010 /

Por Rosalía e polo Panteón

A AELG organiza este xoves un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais da poeta e para pedir o acceso público ao templo onde descansa.


30/Xuño/2010 /

Varela asegura que o Panteón de Galegos Ilustres abrirá “en breve”

O conselleiro de Cultura afirma que a Xunta alcanzou un acordo co Arcebispado de Santiago e que asumirá o custe de mantemento e seguridade.


29/Xuño/2010 /

Panteón da Memoria da Galeguidade

Achegámoslle un artigo de opinión de Francisco Fernández Rei sobre o polémico peche do Panteón de Galegos Ilustres. O académico debulla claves do presente e do futuro dun recinto que é máis que un símbolo.


28/Xuño/2010 /

"Castelao e Rosalía son hoxe prisioneiros no Panteón de Galegos Ilustres"

Cun acto perante a igrexa de San Domingos de Bonaval, o BNG reclamou a apertura ao público do panteón no que repousan os restos de Rosalía, Castelao, Brañas ou Cabanillas. Vídeo no interior.


23/Xuño/2010 /

Os escritores do país reivindicarán que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres cunha marcha en tren

O BNG reclama no Parlamento que o Goberno "garanta os seus usos civís e que sexa de titularidade pública".