Hugo Chávez, presidente venezuelano, declarou onte xoves a súa preocupación polo estado de saúde da ex candidata presidencial Ingrid Betancourt, retida polas Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo (Farc-Ep). Chávez declarou que recibiu unha chamada do presidente francés, Nicolás Sarkozy, quen enviou unha comisión humanitaria a Colombia que pretendía contactar coas Farc e conseguir acceso á prisioneira colombo-francesa para brindarlle coidados médicos.