Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: mundial-futbol-sala

9/Outubro/2008 /

Homenaxe ás irmandiñas que trouxeron a prata do Mundial

A selección galega feminina de futsal chegou a Compostela, após proclamarse en Reus, subcampioa do Mundo. Vexan o vídeo no interior.


5/Outubro/2008 /

Galiza proclámase subcampioa do Mundial de Fútbol Sala

Na final, á que chegou demostrando a súa calidade, perdeu contra Cataluña, a selección anfitrioa, por 4-0.


5/Outubro/2008 /

Galiza e Cataluña xogarán a final dun histórico Mundial de Fútbol Sala

Os desexos de moitos seareiros cumpríronse. A selección galega está na última fase do primeiro campionato do mundo no que participa, e ha xogar contra as anfitrioas.


3/Outubro/2008 /

A Irmandiña golea 8-1 a Arxentina e métese nas semifinais do Mundial de Futsal

As galegas dobregaron un equipo que tiña ben demostrado o seu potencial. O noso equipo nacional de futsal está a facer historia en Reus.


2/Outubro/2008 /

As galegas pasan a cuartos de final no Mundial

Dependían do que fixese Rusia fronte a Ucraína. Finalmente, as rusas axudaron. As irmandiñas enfrontaranse agora á perigosa selección arxentina.


29/Setembro/2008 /

As irmandiñas non poden coa fortaleza rusa e perden 3-2

As galegas loitaban contra unha das favoritas nunha competición sen precedentes, mais perderon por un só gol. Velaquí todas as claves da competición.


26/Setembro/2008 /

A prensa española arremete contra o debut da irmandiña nun Mundial

Critican que o mesmo día no que España comeza o Mundial masculino, Galiza e Cataluña participen "como país" nunha competición "pirata".


24/Setembro/2008 /

A irmandiña do Futsal parte cara o Mundial de Reus

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán despediron o combinado nacional.