A directora estará presente nas dúas sesións para participar dun debate sobre o filme, mellor documental no Festival Independente de Cine de Nova York.
Hai sempre indignidade no acto de falar polos outros, estimaba o filósofo Michel Foucault. Tampouco María Ruído pretende dar voz ou representar os vencidos da Guerra Civil española. Así e todo, no Plan Rosebud darían atopado, eles e nós, unha caixa de ferramentas contra o poder da memoria colectiva. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Cristina Silva.
Durará até 2009 mercé ao Proxecto Edición, do CGAC. O Plan Rosebud quere cepillar a contraxeito as políticas da memoria. As súas servidumes, pantasmas e mecanismos de representación. E os lugares de lembranza, coma na instalación videográfica A escena do crime, primeira pedra da investigación. Contra o despotismo do relato épico, María Ruído decidiu espigar fragmentos, ler nas arruínas. Unha reportaxe de Aurelio Castro.
Os dous creadores galegos residentes en Barcelona participan nesta mostra colectiva incluída no Proxecto-Edición.