O debate centrouse na utilidade da homenaxe para ampliar o coñecemento sobre a poeta, a dinamitadora da fala
A crítica literaria Teresa Seara fai unha semblanza de María Mariño (Noia, 1907-Parada de Moreda, 1967), a figura á que este ano se adicou o Día das Letras Galegas, a partir dos títulos publicados este ano de ou arredor da autora.
A 2ª parte do ciclo céntrase na figura de María Mariño e no fallo do I certame literario “Contos no mediterráneo”.
Con este título a profesora e especialista en María Mariño ofrecerá unha conferencia na Universidade de Barcelona o venres 18.
María Mariño Carou deixounos o 18 de maio de 1967. Catro décadas despois, a súa poesía segue de plena actualidade. Neste Día das Letras, Vieiros dedícalle o especial "Linme hoxe toda por dentro".
A cantante Uxía é autora dunha versión musicada do poema Vogar, de María Mariño, que se incluíu no seu disco Danza das Areas.
María Xosé Queizán, directora de Festa da Palabra Silenciada, ten abordado en varias ocasións a figura de María Mariño dende a crítica literaria feminista. Vieiros entrevistouna con motivo deste Día das Letras.
A profesora Carmen Blanco, autora dun dos primeiros estudos sobre María Mariño, reflexiona neste artigo sobre a poeta.
O escritor e profesor Manuel Forcadela acaba de presentar o documental 'Estudos sobre María Mariño', e falou con Vieiros do proceso de produción.
Aproveitando que Badalona ten porto deportivo do trinque, Furafollas Agrupación Teatral decide desembarcar nesta vila para dar comezo ás celebracións do Día das Letras Galegas e ir despedindo o Sant Jordi. Quen ousa saltar do lombo do dragón para caer nos versos de María Mariño?
Nos actos deste ano ao redor do día do libro e de Sant Jordi, alén das novidades editoriais e dos actos na Galería Sargadelos, tamén se poderá gozar a poesía na rúa e na praia.