O acordo chega para contrarrestar a construción de novos asentamentos por parte de Israel, e será ratificado esta fin de semana na xuntanza que se organiza en Libia.
Os líderes árabes rexeitaron un mandato de captura do Tribunal Penal Internacional contra Omal al-Bassir, acusado de crimes de guerra e da morte de 300 mil persoas en Darfur.
O presidente de Sudán, amparado polo resto de líderes, desafía a orde de arresto do TPI. Gaddaffi enléase co rei de Arabia Saudí.
O primeiro ministro, Ehud Olmert, dixo estar disposto a discutir a iniciativa de paz proposta pola Liga Árabe, coincidindo coa visita a Israel dos ministros de Exteriores de Exipto e Xordania.
Exipto e Xordania encabezarían este importante paso para rebaixar a tensión en Oriente Próximo.
Ofrecen o recoñecemento de Israel e piden a retirada dos territorios capturados en 1967 e o estabelecemento do Estado palestino con Xerusalén leste como capital.