Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: lei-de-servizos-sociais

25/Novembro/2008 /

O Parlamento aproba a tarxeta social galega

Vicepresidencia consigue sacar adiante a Lei de Servizos Sociais co apoio unánime da Cámara.


4/Xullo/2008 /

O Goberno deixa no aire a esixencia do 7% de investimento en servizos sociais

O Consello da Xunta aprobou este venres o proxecto da Lei de Servizos Sociais. O texto final libra os municipios dos compromisos orzamentarios neste campo.


28/Febreiro/2008 /

PPdeG e PSdeG coinciden outra vez en librar os municipios de esixencias en materia de servizos sociais

Os seus representantes na Fegamp emitiron un voto particular en contra do artigo da Lei de Servizos Sociais que obriga a investir unha porcentaxe mínima en políticas de benestar.


14/Febreiro/2008 /

Orozco defende a autonomía local fronte ao "centralismo" de Quintana

O alcalde de Lugo acúsao de "cambiar as regras do xogo" por obrigar que os concellos de máis de 20 mil habitantes invistan un mínimo do 7% en benestar.


25/Xaneiro/2008 /

O PSdeG racha desde os concellos o consenso coa Lei de Servizos Sociais

En representación das concelleiras do PSdeG, "indefinición" e "falta de rigor" foron as queixas subliñadas por Mar Barcón sobre o anteproxecto de lei presentado pola Xunta.


15/Xaneiro/2008 /

A Lei de Servizos Sociais aspira a reservar o 7% do orzamento ás políticas de benestar

O anteproxecto prevé dividir o país en 60 áreas para xestionar os servizos para maiores, persoas con discapacidade, menores e grupos excluídos.