"Non estou obrigado a os manter no meu país", declarou o primeiro ministro Erdogan nunha entrevista á BBC.
Os dous países non manteñen relacións diplomáticas e a fronteira permanece pechada desde 1993 por iniciativa de Ankara.
O maior obstáculo á reapertura das conversas é Acerbaixán, e as históricas liortas deste país, aliado de Turquía, con Armenia.
Os congresistas cualificaron de "xenocidio" o acontecido en 1915. O presidente dos EUA asegura que a decisión pode "causarlle moito dano ás relacións con Turquía".