Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Propaganda dos GaBi...? NÃO! DE NENHUM MODO!

Hoje no jornal "O Xornal de Galicia" fazem-lhe à GaBi maior uma entrevista em que a indivídua (acho que é indivídua) confessa por fim o seu "bilinguísmo". Leiam e opinem (reproduzo algumas perguntas com as correlativas respostas):

PERG.- «Atendendo a esa pluralidade das xornadas [QUE "ORGANIZOU" A "DEPUTAción" DE PONTE VEDRA, PRESIDIDA POR UM MILITANTE DO pEpE], tamén pagadas por cartos públicos, nun país con tres facultades de filoloxía, como é posible que representando a Galicia só houbese dúas persoas e as dúas de Galicia Bilingüe?
RESP.- »Non tiñamos por que levar ningún filólogo, falabamos dos dereitos das persoas, o malo é que están facendo os decretos os sociolingüistas. Un decreto para que os nosos nenos aprendan non ten nada que ver coa filoloxía.
PERG.- »Logo, quen é o responsable da pedagoxía dos nenos?
RESP.- »Un responsable da Consellería. José Manuel [VICEPRESIDENTE DE GaBi] é físico e sabe de dereitos lingüísticos moito máis que moitos pedagogos.
PERG.- »Tamén á hora de tratar un conflito lingüístico coma o galego?
»A sociolingüística non pintaba nada. Se ao final, a xente de recoñecido prestixio fai cousas como a Guía de Planificación Lingüística, canto máis afastados, mellor. Porque unha guía que di que os centros de ensino son lugares de reprodución de falantes, como granxas de polos, quéroa afastada dos nenos.»

E assim por diante... "Cráneo privilegiado", que diria Valle Inclán.

Olhem, porém, como é que GaBi entende o Bi:

PERG.- «Cal é a súa opción para distribuír galego e castelán?
RESP.- »Para o meu fillo preferiría que non fose todo en castelán, que tivese contacto co galego nas materias non troncais, pero iso si, matemáticas, o coñecemento do medio... a lingua materna.
PERG.- »Non cre que a aprendizaxe de máis linguas nunca lles sobra aos nenos?
RESP.- »Eu fun bilingüe en inglés e español, pero non todo o mundo está capacitado. Os nenos non son esponxas, ese é un argumento que lles funciona moi ben aos que queren facer como que non pasa nada. Eu, co meu nivel de galego, podo ser tolerante e falar en galego, e non o estudei. Que habería mellor en min se en vez de estudar filosofía na miña lingua a estudase en galego?»

Bom, bastem essas bastas respostas e fiquemos na definição de GaBi dada pela sua autorizada representanta:

PERG.- «Galicia Bilingüe avoga polo bilingüismo, por que non o cincuenta por cento de materias en galego e castelán?
RESP.- »NóS NON AVOGAMOS POLO BILINGüISMO. Nós chamámonos Galicia Bilingüe, significa que Galicia é un territorio con dúas linguas, e cada galego será o que queira, bilingüe ou monolingüe.»

Acabemos:

PERG.- «Podemos falar doutro entramado de organizacións do resto do Estado, cun discurso semellante ao seu, que van máis alá da lingua, coma o 11-M ou o rexeitamento ao aborto…
RESP.- »Queriamos traer xente doutros sitios e botamos man do que hai. Son persoas que poden explicar o que pasa porque teñen moita documentación. Nunca participaremos en nada co máis mínimo cheirume político. Non podo representar toda a xente que está comigo e ir cun sector que a moitos lle dá ‘repelús’.
PERG.- »Fala de independencia, pero resulta curioso que sexa Rafael Louzán o que pague as súas xornadas, e no Museo que levantaron Bóveda e Castelao.
RESP.- »E que ten de malo Bóveda e Castelao, ímolos ensuciar? A min non me gustan as subvencións, pédimolas, pero non me gusta, ademais eu son moi maniática co tema dos cartos, a miña honestidade é case psicopática. Pero esta fórmula parecíanos moi boa, porque podíamos facelo sen manexar nós os cartos.
PERG.- »Cantos socios ten Galicia Bilingüe?
RESP.- »Sería moi complicado determinar o número, porque empezamos os que máis traballamos, os que traballan menos, os socios, os simpatizantes, os amigos dos simpatizantes…»
:::::::::::::::
http://www.xornal.com/artigo/2009/09/20/politica/gloria-lago-feijoo-non-cumpre-prometeu-podemos-darlle-moitas-sorpresas/2009092021324779400.html

Enviada por AGIL AGIL o 21/09/2009 14:15

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: