Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Os "media" do PP

Edición xestionada por ti
RSS de Os "media" do PP

Os "media" do PP

APPATIA, esta é a palabra que resume o feito polo PP até o de agora nos médios de comunicación dependentes da Xunta.

Na TVG seguen a vivir das rendas deixadas polo governo anterior, e coa parálise dos fondos às produtoras galegas podemos prever uns meses moi pobres: mais Magnum, recunques de Cifras e Letras, e resto de séries de éxito conseguidas en poucos meses e que nunca conseguiron os xestores do PP.

Na RadioGalega: mais aPPPPatia (con mais Pes ainda ca na TVG).
Nos informativos xa comeza o "PPeneirado" da información deixando falar só à parte interesada, e en poucos casos aparecen os argumentos dos contrarios, dando como verdades absolutas e asentadas o que di o PP.
Rosa Martínez é a actual directora da Radio Nacional galega; dela podemos lembrar que nos informativos era incapaz de ler unha frase enteira sen se trabucar...

En fin, uns medios de comunicacións dirixidos por PPijos para un público que consideran uns borregos, e dos que os seus votantes "nunca ven la gayéga".

Enviada por Tino Tino o 16/09/2009 13:17

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: