Xa comezou o que todos supoñíamos, a noticia de hoxe da axuda económica da Deputación de Pontevedra a esta asociación só será a primeira, xa que é de prever que reciba máis diñeiero público.
http://www.vieiros.com/nova/74391/a-deputacion-de-pontevedra-colaborara-economicamente-con-galicia-bilingue
Eu redactei esta consulta-protesta:
"Diríxome a vostede despois de ter coñecemento de que a Deputación de Pontevedra colaborará con Galicia Bilingüe na organización dunhas xornadas. A miña dúbida é en que consistiría esa colaboración e no caso de que sexa con diñeiro público, que cantidade aportará a Deputación de Pontevedra. Pola miña banda, teño dúbidas sobre a utilidade das xornadas, xa que o exemplo das políticas lingüísticas doutros estados europeos é un argumento que a asociación viguesa vén repetindo, mais sen o tratar coa seriedade que este tema merece. Neste caso ignoran interesadamente os estados que non recoñecen ningún estatus xurídico a distintas linguas, caso de Francia, ou a conflitividade doutros estados como o de Flandes, polo que xa perdería o seu valor exemplarizante. Tratándose, pois, dunha información sesgada e intereseira, as xornadas terían máis ben unha finalidade propagandística. Aínda quería engadir que se nesta lexislatura os obxectivos son o consenso en materia lingüística e arrefríar o debate arredor da lingua, aliñarse ás teses dunha asociación coas teses de Galicia Bilingüe pode resultar contraproducente."
Trátase dun simple modelo e está feito ás présas, polo que é susceptíbel de melloras. (Agradécense suxerencias e correccións). Penso que é importante enviarlle a nosa disconformidade.
ENDEREZOS
Na seguinte ligazón o presidente comprométese a responder nun prazo de dez días:
http://www.depontevedra.es/o.presidente.respondeche/
O directorio de contacto:
http://www.depontevedra.es/?1,101