¿Existe unha receita máxica para normalizar a lingua?
Lembro a idea dun amigo hai xa ben anos: "isto con cartos solucionábao eu nun ano; poñer na noites de esmorga cidadás uns cantos e unhas cantas "bollicaos" falando galego e verías ti como ía esforzarse tododiós por falar en galego"
A pesar de todo, parece que non existe unha fórmula máxica. Son moitos anos con moitas cabeciñas pensantes dándolle voltas ó asunto e non apareceu aínda a pedra filosofal. Desde gabinetes, equipos e oficinas de normalización fóronse dando algúns pasos ou pasiños, agromando xérmolos... moitas veces de xeito illado e discontinuo.
Desde os poderes públicos tampouco se fixo moito. Quitado os decretos no ensino, houbo algunha iniciativa interesante na anterior lexislatura como a de prender a lingua ó uso lúdico en campamentos e escolas de verán... fóra da rixideces da escola. Curioso o éxito de "Vivamos como galegos" e o fracaso das campañas institucionais.
Podemos imaxinar aínda estratexias, ideas novas? Para quen? Como?