Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A consellería de educación inventa unha lista de interinidades antes das oposicións

a ver se algúen me explica como se pode crear unha lista para acceder a función pública sen pasar por un proceso selectivo ou unha convocatoria aberta.
A lista de economía non existiu nunca. Aínda que se teñen celebrado oposicions no ano 2008, seguiuse usando a lista de administración de empresas, segundo sentenza a consellería deberá facer duas listas (administración de empresas/economía) tras o proceso selectivo: Pero.. SORPRESA elaboran unha lista antes das oposicións por obra de birle-birloque´.
Por outra parte a convocatoria de oposición di que para permanecer na lista hai que presentarse á oposición na especialidade na que se está ou noutra. Neste caso, como a lista non existía está claro que ninguén pode permanecer nela, ademáis algúns dos integrantes da lista non se matricularon nesta especialidade, e algúns nin sequera na de administración de empresas.

gustaríame contactar con opositores de galiza que queran recurrir esta lista de interinidades de economía.
eu presentei un recurso no ano 2008 pola lista única e non seguín ata o final o proceso. pero é obvio que alguén seguiu o proceso ata o final, para está persoa felicidades pola valentía e moitas grazas por facer de pioneira, DESTA NON ME DESANIMO.

Enviada por teresinateresona teresinateresona o 02/07/2010 00:13

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: