Vieiros

Vieiros de meu Perfil


'Se admites que o castelán está estendido terás que cambiar á aspiración ao monolingüismo, unha aspiración antes verosímil e agora lunática'

"H. M. Historicamente hai un comprensíbel movemento reflexo. Pero o que hoxe interesa á lingua galega é o discurso da diversidade. Non queremos identidades monolíticas, nin estados ou nacións homoxéneas."

"H. M. A inmersión permite o mantemento das dúas linguas. Nun horizonte de bilingüismo, a xente non obxecta tanto a inmersión. Cando se defende a inmersión para o monolingüismo hai unha reacción lóxica en contra.

M. F. Nos modelos de inmersión que procuran un mellor bilingüismo que os de non inmersión, por exemplo no Quebec, empézase cun ensino completo en francés e logo introdúcese o inglés e así ano tras ano até chegar ao 50%. Os modelos de inmersión propostos como ferramentas para o bilingüismo non teñen nada que ver cos modelos para construír a nación."

"P. Defenden que "a plenifuncionalidade do galego é imposíbel".

H. M. Hai a idea a primeira vista aceptábel pero en detalle falaz de que todas as linguas teñen a potencialidade para funcionar en todos os contextos e para expresar todas as ideas. Na realidade todas as linguas son desigualmente capaces. É imprescindíbel para o galego que poidas estudar enxeñería aeronáutica en galego? É dubidoso. Sospeito que ninguén estuda aeronáutica en portugués ou en italiano. É problema de escala. As linguas menores de Europa central e oriental teñen funcións cubertas e xa está.

M. F. A garantía de supervivencia dos dialectos alemánicos de Suíza foi o valor doméstico. Abandonar esta dimensión, que teñan que competir na ciencia con linguas con máis capacidades... O tagalo ten 40 millóns de falantes nativos e 200 como lingua de comunicación, e non pinta nada na ciencia."

"P. Refírense a asumir a diglosia para o caso galego?

M. F. A palabra que foi demonizada e moi mal entendida.

H. M. Utilizouse para definir situacións de dominación lingüística, cando se refire a situacións nas que existen diferentes linguas para diferentes funcións, sen connotacións.

M. F. Foron pouco afortunadas as formulacións de Fergusson en termos de alto e baixo. Os ámbitos informais son moito máis importantes que os ámbitos formais na vida da xente. Unha lingua non pode sobrevivir só nos ámbitos formais. As funcións chamadas altas deberían ser a fala distendida, contar os chistes, falar na casa."

"M. F. Hai que traballar moito o entorno cultural, e non me refiro á alta cultura: contos, televisión, música, a tradición... Os nenos teñen que saber os versos de Rosalía, pero sen enterarse como os aprenderon. Todas esas cousas son as que crean unha relación afectiva coa lingua. A clase de matemáticas, non."

Entrevista a Mauro Fernández e Henriqu Monteagudo (El País, ed. Galicia, Galicia, 16/04/2010, p. 8/9)
Enlace:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/houbo/unha/reflexion/as/formulas/manter/galego/elpepiautgal/20100416elpgal_17/Tes

Enviada por Raimundo Raimundo o 19/04/2010 12:44

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: