(5 de agosto) Seica os mouros do Monte Castro agochan un formidable tesouro de barras de ouro e prata dende tempos inmemoriais. Se alguén o atopa a vila de Zas asolagaría... Así que agora para manter contentos os espíritos (ao tempo que aos mortais, os mozos da vila organizan esta festa, na que estarán os Gaiteiros de Lisboa, Chouteira e moitos máis...
Pois si, o sábado 5 de agosto Zas acollerá a partir das seis da tarde unha sesión folclórica con varios grupos participantes: Castromeda de Zas, Bilitroque de Carballo, O Rancho do Carreiro de Braga e Raigañas de Cerqueda.
A partir das nove da noite os protagonistas serán os Gaiteiros de Lisboa, Chouteira, Eric Rigler and Bad Haggis e John Whelan Band. Máis info? Aquí.