Bieito Lobeira, do BNG, pensa que "O Estado non é solidario con Galicia" no tema do recorte das capturas comunitarias
O deputado nacionalista Bieito Lobeira criticou duramente á Xunta e ó Goberno ante o recorte comunitario das capturas. Lobeira pensa que "o proceso negociador foi ben comprensivo coa posición italiana, pero non cos intereses galegos". Nembargantes, a ministra Loyola de Palacio considerou "satisfactorio" o proceso.