Hoxe restaurase o goberno autónomo do Ulster, suspendido dende febreiro. Trimble logrou, o pasado sábado, o permiso do Consello do Partido Unionista do Ulster (UUP) para regresar ao goberno. O escaso, mais suficiente, apoio logrado polo ministro principal permite recuperar as esperanzas postas no proceso que tomou forma, dous anos atrás, en Stormont. As tensións van continuar, agravadas pola continua perda de influencia de Trimble no interior do partido e as presións dos sectores máis radicais do unionismo. Máis información no Canal Mundo de Vieiros.
.