O título o di con claridade. A nosa é sen dúbida a cidade máis numerosa en canto a poboación e, tamén a que menor número de axentes e dotacións policiais ten. Claro que este pequeno detalle pode sen dúbida deberse a que o Ministerio do Interior considera ós vigueses como unha poboación exemplar e á nosa, coma a unha das cidades con menor índice de delincuencia activa. ¿Están vostedes dacordo?
A construcción dunha nova comisaría para albergar os servicios e os axentes do Corpo Nacional de Policía que necesita a nosa cidade é, tan só, un espexismo. Polo de agora , o Ministerio do Interior ten o proxecto en mantillas e o único traballo realizado ata agora, consistiu en facer unha evaluación das actuais dependencias policiais e tentar atopar algúns terreos onde fose posible ubicar un inmoble que polo de agora non está nin en proxecto. Hai perto de dous meses que o grupo municipal socialista denunciou a discriminación que sufre a nosa cidade por parte do Ministerio do Interior en canto a instalacións e tamén a dotación policial pero, o Ministerio que recoñece que Vigo si necesita unha infraestructura técnica e humana en canto a servicios policiais non ten previsto polo de agora facer nada dun xeito inmediato. Lembrar que, na actualidade a plantiña da nosa cidade e sensiblemente inferior a que teñen outras cidades españolas coa mesma poboación. E tamén, cidades con menor poboación como A Coruña que conta con case que o dobre de axentes do Corpo Nacional de Policía. Non temos claro si é que o Ministerio considera máis "guerreiros" ó resto dos españois e tamén ó resto dos galegos que a nos, os vigueses.