Vieiros presenta, co gallo do Día das Letras Galegas, o primeiro libro electrónico publicado en Galicia. O seu autor, como xa saben, é Camilo Franco, que protagonizou a finais do pasado ano un experimento literario que agora se converte en libro en formato electrónico: durante 50 días (e 50 noites) este escritor-xornalista fabricou un conto a partir de dúas palabras que os lectores lle enviaban. Así que durante algo máis de dous meses Vieiros amencía todos os días cun novo relato de Camilo Franco. Agora poden baixar dende aquí a obra en formato PDF, que poderá ser gardado no disco duro do seu computador e mesmo imprimido. Para quen queira lelo en liña, o autor engadiu ligazóns a cada un dos textos.
.