Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVENIO

“Fermín Penzol: Unha obra para un país”

A Consellaría de Cultura, a Deputación de Pontevedra e a fundación chegaron a un acordo para facer unha exposición sobre o fondo bibliográfico.

Redacción - 17:51 06/07/2010

A pesar de finar en 1981, Fermín Penzol deixou de herdanza á sociedade unha das súas paixóns: os libros. O intelectual galeguista deixou unha colección que se achega aos 40 mil libros de temática galega (un bo monllo deles datados no século XVI). A Fundación Penzol xestiona este incalculábel tesouro bibliográfico, único no país.

A nova é que este martes o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou un convenio coa Deputación de Pontevedra e coa fundación para desenvolver o programa que levará por título: “Fermín Penzol: Unha obra para un país”. En total destinaranse 45 mil euros a dar a coñecer o fondo.

Varela asegurou que a colección que ten a fundación é “froto do labor como bibliófilo de Fermín Penzol, que desde moi novo se dedicou á busca e compra de manuscritos, incunábeis, libros antigos, documentos, folletos e publicacións, sempre de temática galega”

A exposición que se sufragará con fondos públicos estará aberta nos meses de outubro e novembro e fará un percorrido pola historia da fundación e abrirá ao público fotos, gravados, debuxos, libros ou documentos de diferentes épocas.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: