Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despídese moito e por pouco diñeiro

A vaga de despidos desmente a suposta rixidez do mercado de traballo

Foron 256 mil despidos na última década, medrase a economía con forza ou en crise como na actualidade, indica un estudo de Comisións Obreiras.

Redacción - 17:55 05/07/2010
Tags: CCOO despido
Unha media de 25.600 despidos por ano na última década

Unha media de 25.600 despidos por ano na última década

Á luz da realidade das cifras semella paradoxal a teima dos representantes da patronal e de certas formacións políticas ao respecto da suposta "rixidez" do mercado de traballo. Así o argumentaban este luns desde o sindicato Comisións Obreiras (CCOO-Galicia) poñendo enriba da mesa o seu informe 'O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 2000-2009'. Un documento que constata que na última década foron despedidos do seu traballo máis de 256 mil galegos.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO, e a economista Silvia Parga, debullaron o estudo advertindo da paradoxal teimosía da "ofensiva patronal" coa "flexibilidade" laboral. As expertas de Comisións reprochan que se despida moito e por pouco diñeiro, evidenciando os números que non é real a versión do empresariado sobre a presunta necesidade de reformas para abaratar o despedimento.

No caso particular do despedimento institucional, regulado pola Lei 45/2002, a empresa recoñece o carácter improcedente na propia carta de despedimento e deposita a indemnización correspondente, que na maioría dos casos é de corenta e cinco días por ano traballado. En 2009 48.768 persoas foron despedidas con esta fórmula, nun total de 256.694 durante a última década. Cifra "espectacular" que, para Maica Bouza, fai preguntarse sobre a insistencia en abaratar aínda máis o despedimento. De paso, Bouza e Parga chaman a atención sobre o feito de que se despida un alto número de traballadores fixos tanto en anos de crise como en anos de forte expansión económica. "Unha media por riba dos 20 mil despedimentos", sinalan sobre o período 2000-2007.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: