Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CATEGORÍA BENXAMÍN

A campioa estatal de xadrez é galega

Mireia Represa Pérez, do Club Laroca de Nigrán, acudirá agora ao Campionato Europeo en Austria e ao Mundial Individual en Grecia.

Redacción - 18:00 05/07/2010
Mireia é xa unha promesa do xadrez galego

Mireia é xa unha promesa do xadrez galego

Mireia Represa Pérez, a nova promesa do xadrez galego, xa sumou diferentes títulos dende que comezase a xogar aos seis anos de idade. Agora, na categoría benxamín vén de proclamarse gañadora do Campionato de España de Xadrez, que se disputaba esta fin de semana en Linares (Xaén), considerado o Wimbledon deste deporte, xa que todos os campións mundiais dos últimos 30 anos xogaron aquí e foi precisamente neste lugar onde Kasparov anunciou a súa retirada da competición.

Natural do Val Miñor, Mireia forma parte dende o ano 2008 do Club de Xadrez Laroca de Nigrán. Despois deste éxito, a galega participará no Campionato da Comunidade Europea de Mureck (Austria) do 3 ao 12 de agosto e no Mundial Individual Benxamín en Haldaki (Grecia) do 19 ao 1 de outubro.

No seu palmarés, destacan o título de Campioa Galega na categoría pre-benxamín no ano 2009, polo que foi incluída no grupo de tecnificacion da Federación Galega de Xadrez. Tamén foi campioa pre-benxamin do Circuíto Escolar da Fegaxa. Neste mesmo ano 2010 conseguiu o título de Campioa Galega na categoría benxamín e agora acaba de sumar o de Campioa estatal.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: