Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE SÁBADO

O Castelo de Vimianzo revive o asalto irmandiño

Esta media noite, os campesiños de Soneira rebelaranse outra vez contra os Señores, tal e como acontecera na Resistencia irmandiña de 1467.

Redacción - 10:00 03/07/2010

O Castelo de Vimianzo xa agarda unha nova revolta do pobo irmandiño. Na que xa é a XV edición desta festa que rememora a rebelión de 1467, os campesiños de Soneira volverán rebelarse contra os despóticos Señores. Desta vez, o detonante da furia labrega será o secuestro da líder da resistencia irmandiña, nunha posta en escena na que participarán máis de 100 actores. Será o irmán da apresada a que anime aos seus a erguérense en armas contra a opresión do castelo, nunha loita encarnizada da que aínda non se sabe o desenlace.

Despois de varios días de festa, o Asalto ao Castelo promovido polas asociacións Cherinkas e Axvalso, porá o punto final a unha semana de gastronomía, música, teatro ou mostras de artesanía no propio castelo. Neste último día, o programa ofrece obradoiros infantís, baile, exhibicións de tiro con arto, teatro, paseos a cabalo, cantares de cego, regueifeiros, pandereiterias, gaiteiros... Entrada xa a noite comezará a cea a base de touciño e amenizada coa música de Fol Baleiro, a orquestra San Coloni, Muxarega, Raíces y puntas e o DJ Buiturón. Podes consultar o programa neste vídeo documental (á dereita) en clave de humor que resume o gran cartel deste ano.


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: