Susana Seivane, Belón Maceiras Quinteto e O' Questrada pecharán as actuacións musicais.
A organización do Festigal, da que se encarga Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, xa ten configurado a programación musical para os días 24 e 25 de xullo. O primeiro día (sábado) actuarán, a partir das 23 horas, Os Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin e Santa Macairo Orkestar (Francia). O domingo (dende as 22 horas) estarán enriba do escenario Belón Maceiras Quinteto, O' Questrada (Portugal) e Susana Seivane.
A programación cultural compleméntase con numerosas actividades culturais que tamén terán lugar no Campus Sur santiagués: debates, presentacións literarias, teatro, mostras audiovisuais e artesanía, serán parte do atractivo dun festival que xa é un referente dentro da actividades lúdicas do verán.
Podes ver aquí o programa completo