Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA AS MUNICIPAIS 2011

Isabel Pérez será a candidata do BNG en Ourense

A candidatura, que integra a seis independentes, tres de Máis Galiza, tres da UPG e tres do Movemento Galego ao Socialismo, obtivo máis do 50% dos votos.

Redacción - 11:30 13/06/2010
Isabel Pérez definiuse como "muller, independente, nacionalista e de esquerdas"

Isabel Pérez definiuse como "muller, independente, nacionalista e de esquerdas"

A actual concelleira de Cultura en Ourense, Isabel Pérez, será a candidata do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nos próximos comicios electorais municipais. Así o decidiu a asemblea local do BNG esta fin de semana, quen a referendou cun 52% dos votos en primeira votación (55% na segunda) fronte á lista liderada polo tenente de alcalde Andrés García Mata.

A lista gañadora foi impulsada pola UPG, se ben contou co apoio de seis independentes, tres de Máis Galiza e tres de Movemento Galego ao Socialismo. García Mata presentábase como a lista de Máis Galiza e contaba co apoio do Encontro Irmandiño. Isabel Pérez felicitouse pola culminación do proceso, que cualificou como “aberto e democrático”, defendeu a pluralidade da súa lista, “reflexo da pluralidade e vitalidade do BNG”, e ofreceu a súa “dispoñibilidade” á lista perdedora para “achegarse e traballar xuntos”.

A candidatura quedou finalmente conformada por tres dos seis concelleiros do actual grupo municipal nacionalista: Marta Arribas, Fernando Varela e a propia Isabel Pérez. Tamén figuran o ex-conselleiro de Medio Rural, Alfredo Súarez Canal (no posto número 10), a responsábel comarcal do BNG, Montserrat Nóvoa, a representante en Ourense de Queremos Galego, Susana García, ou o vicerreitor en funcións de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area. A asemblea, que contou coa participación dun 77% dun censo de 400 militantes, contou con 30 intervencións e foi, segundo subliña a agrupación local “tranquila” e “participativa”.

Lugo e Compostela
Tamén nesta fin de semana, tal e como estaba previsto, saíu elixido o actual vicepresidente da Deputación, Antón Bao, como candidato para as municipais en Lugo. A súa candidatura, tamén impulsada pola UPG, foi a única que se presentou, despois de quedar fóra o actual responsábel municipal Anxo Laxe. Acompáñano na lista Paz Abraria, Teófilo Xabier García, Cristina Ferreiro, Antón Somoza, Mercedes Mourenza e Xosé Lois Devesa.

Xa en Compostela, o Consello Local elixirá o vindeiro mércores entre a candidatura de Xoán Carlos Bascuas (impulsada por Máis Galiza e apoiada polo Encontro Irmandiño) e Rubén Cela (pola UPG). Na primeira lista figuran Xosé Costenla, Xulia Guntín, Modesto Toribio Rodríguez ou Lucía Vázquez Muñiz. Na segunda, estarían dúas das concelleiras actuais: Elvira Cienfuegos e Olga Pedreira.


3,76/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: