Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA CARREIRA ELECTORAL

Feijoo augura 'derrotas bipartitas” nas municipais

O presidente popular entende que “os galegos non queren alcaldes como Zapatero” senón rexedores “sensatos, responsábeis e coherentes”.

Redacción - 17:10 12/06/2010

Coa vista posta nas eleccións municipais de 2011, Alberto Núñez Feijoo pechou este sábado o Congreso do PPdeG da Estrada, que elixiu a Xosé Carlos López como presidente local. No acto, o presidente dos populares augurou “derrotas bipartitas” nos próximos comicios e contrapuxo a política económica socialista á dos populares, que cualificou como “exemplo de austeridade”.

Ao mesmo tempo que acusou ao presidente do goberno español, Rodríguez Zapatero, de converter o Estado de Benestar no “Estado do malestar”, censurou a súa xestión da crise e acusouno de conseguir “un país endebedado, co dobre de paro que o resto dos países de Europa e sen crédito internacional”.

Ao respecto da posibilidade de subir os impostos ás rendas máis altas, Feijoo asegurou que a política fiscal pola que opta a Xunta de Galiza é “máis xusta”, porque “baixa os impostos ás rendas máis baixas”. Finalmente, acusou ao goberno español de actuar dun xeito máis “inxusto” ao “aumentar os impostos a todas as rendas co incremento do IVE, que se fará efectivo a partir do vindeiro 1 de xullo”.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: