Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

Tres bandas galegas e unha portuguesa no Rock en Costa

A novena edición do festival, con entrada de balde, contará coas actuacións de Foggy Mental Breakdown, Born a Lion, Skarmento e Los Chavales.

Redacción - 11:40 12/06/2010
Foogy Mental Breakdown foron claves na escena rock viguesa dos noventa

Foogy Mental Breakdown foron claves na escena rock viguesa dos noventa

O Rock en Costa chega este ano á súa novena edición coa súa filosofía orixinal: apostando polos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galiza e Portugal. Desta volta, o festival do Castiñeiriño (Compostela) contará coa participación de Foggy Mental Breakdown (Vigo), Born a Lion (Leiría), Skarmento (Donramiro) e Los Chavales (Santiago).

O certame, organizado pola Asociación Xurásica, celébrase na noite do sábado na pista de baloncesto do Centro Socio-cultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, en Santiago. O escenario encherase dende o rock dos noventa de Foggy até o punk combativo dos lalinenses Skarmento, pasando polo humor de Los Chavales ou o rock luso con ambientes do sur de Born a Lion. A entrada é de balde.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: