Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRAZO ABERTO

Convócase o VII Certame Literario Feminista do Condado

A Assembleia de Mulheres convídanos a participar neste certame, que reivindica os dereitos das mulleres e denuncia a súa marxinación e explotación.

Redacción - 19:15 09/06/2010

Até o día 30 de setembro, está xa aberto o prazo para presentar unha peza ao VII Certame Literario Feminista do Condado. O premio, que o ano pasado recaeu en Marisa Iglesias Méndez, polo seu traballo “Doce poemas do ano cero” e en Andrea González Rodríguez por “Zaira”, está aberto a calquera xénero literario: romance, poesía, teatro ou ensaio.

A temática, unha vez máis, será libre, se ben se pide que estea relacionada directa ou indirectamente coa “situación de opresión, dominación e explotación que padecen as mulleres no actual sistema patriarcal”. O xurado estará constituído por tres mulleres representativas da comarca do Condado e o premio, que se poderá declarar deserto ou dividirse en accésits, estará dotado con 300 euros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: