Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Concelleiros declarados culpábeis

O PSdeG anuncia unha "ofensiva política" para que Feijoo e Louzán expliquen as "corruptelas" do PPdeG

A sentenza do xuízo de Gondomar "evidencia" que os 'populares' financiaron campañas electorais "con diñeiro de subornos urbanísticos".

Redacción - 18:05 05/06/2010

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, anunciou este sábado unha "ofensiva política" para que o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, e o dirixente en Pontevedra, Rafael Louzán, expliquen as "corruptelas e financiamento irregular" do partido.

Nun comunicado, García reclamou a Feijoo e Louzán que "dean contas" sobre o financiamento das súas campañas electorais "con diñeiro procedente de subornos, como admitiu o seu concelleiro de Gondomar, José Luís Mosquera, condenado este venres en Vigo por un delito de suborno", precisou.

Un xurado popular constituído para o xuízo contra os ex concelleiros de Urbanismo e Cultura do deste municipio, Alejandro Gómez e José Luís Mosquera, e o arquitecto Borja Ramilo declarounos por unanimidade culpábeis de tres delitos de suborno.

O veredicto, lido á primeira hora da tarde de onte na Sección Quinta da Audiencia Provincial, en Vigo, prodúcese despois de que no xuízo ficou demostrado que os acusados pediron diñeiro a promotores a cambio de incluír convenios urbanísticos no PXOM de Gondomar.

En opinión do secretario de Organización do PSdeG, este xuízo "evidenciou" que o PPdeG financiou a primeira campaña electoral da etapa Feijoo, as municipais de 2007 e a moción de censura de Gondomar "con diñeiro procedente dunha trama de subornos urbanísticos".

"Cantas campañas máis financiaron de forma irregular con diñeiro negro e de onde saían os cuartos para pagar as costosísimas campañas electorais de Feijoo?", cuestionouse García.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: