Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN 2,3% MENOS

O paro descende en Galiza por segundo mes consecutivo

O último día de maio había 228.507 persoas inscritas nas listas de desempregados, 5.409 menos ca o mes anterior.

Redacción - 11:02 02/06/2010

O vertixinoso aumento do paro deu este mércores unha tregua. A nivel do Estado Español, en maio, o número de demandantes de emprego descendeu 1,8%. Estas cifras que foron cualificadas de boas polo Ministerio de Traballo, aínda o son mellores no caso concreto do noso país. En Galiza o descenso situouse nun 2,3%. A 31 de maio había rexistradas nas oficinas de emprego 228.507 parados, fronte aos 233.916 do mes anterior, ou os 236.449 de marzo. Aínda así, se comparamos a cifra coa de maio do ano pasado o número de desempregados que hai na actualidade é de 21 mil.

Por provincias, Pontevedra foi a que logrou rebaixar máis o número de desempregados (2.428 menos), seguido da Coruña (1.992), Ourense (514) e Lugo (475). Dos 228.507 parados censados, hai 122.928 mulleres fronte a 105.579 homes.

Por comunidades autónomas, o paro baixou máis porcentualmente en Baleares (-7,68) e na Rioxa (-5,12). Por riba da media tamén se situou Asturias (4,02), Euskadi (-3,46) ou Cataluña (-3,19). Por debaixa da media situouse Madrid (-1,37), Andalucía (-1,23) ou Canarias (-0,05%)


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: