Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Feixe de erros

Mira coa lupa o borrador da declaración da Renda

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia denuncia que o 95% conteñen equivocacións que a Axencia Tributaria non corrixe.

Redacción - 12:45 01/06/2010

Avanzada xa a campaña da Renda 2010 e cun mes aínda por diante, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia fai balance do visto até o de agora e alerta dun conxunto de circunstancias que están a repetirse na maioría dos casos analizados polos despachos profesionais: o 95% dos borradores son incorrectos e inclúen numerosas omisións nas deducións fiscais. O Colexio quéixase ademais de que Facenda non está facendo ningún esforzo para solucionar eses fallos e que volve enviar os borradores "con graves erros".

En primeiro lugar, o colectivo dos xestores administrativos sinala a ausencia de referencia ao pagamento a sindicatos e as cotas de partidos políticos, ausentes no cento por cento dos borradores analizados. Tamén están entre os máis comúns os erros derivados de circunstancias persoais do contribuínte (matrimonios, separacións, divorcios, nacementos...), criterios que poden incrementar ou minguar significativamente o resultado da declaración.

A ausencia das desgravacións correspondentes á adquisición de vivenda, de compensacións por pago do préstamo da vivenda habitual, hipotecas ou minusvalías son outros aspectos nos que se están detectando numerosos erros. Tamén sinalan que as deducións autonómicas "non se aplican nunca nos borradores", polo que o contribuínte debe estar alerta para rectificar (caso de xardíns de infancia, alugueiro de vivenda habitual, internet, coidado de dependentes...).


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: