Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Euskadi, terceira; Lituania, cuarta

A Irmandiña, subcampioa do Torneo das Nacións de básquet feminino

A selección de Cataluña gañou o trofeo logo de derrotar a de Galiza por 76-52 na final disputada este domingo.

Redacción - 10:05 24/05/2010

A selección de Cataluña adxudicouse a terceira edición do Torneo das Nacións feminino de baloncesto logo de derrotar a de Galiza por 76-52 na final disputada este domingo na localidade de Durango (Biscaia, Euskadi).

O combinado catalán, que eliminou a Lituania en semifinais, impúxose con claridade ante unhas irmandiñas que, con todo, deu a cara até o último cuarto malia a maior calidade das catalás. Arantxa Novo, con 24 puntos e 7 rebotes, salientou entre as galegas.

No partido polo terceiro e cuarto posto, a selección de Euskadi -que caeu en semifinais contra a Irmandiña (44-62)- derrotou a Lituania por 82-75 logo dun partido dominado desde o salto inicial polas vascas, a pesar do bo labor de Sinskiute (23 puntos e 8 rebotes) e Solopova (18 puntos).


Ligazóns

5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



De esquerda a dereita, as seleccións nacionais de Cataluña e Galiza (arribae) e de Euskadi e Lituania (clique para ampliar)
De esquerda a dereita, as seleccións nacionais de Cataluña e Galiza (arribae) e de Euskadi e Lituania (clique para ampliar)