É o primeiro premiado con esta distinción alleo á docencia universitaria. Enrique Beotas presenta o libro 'Lamazares. Apuntes íntimos'.
Capa do libro sobre Lamazares
O pintor dezao Antón Lamazares (Maceira, Lalín, 1954) recibe esta quinta feira a Insignia de Ouro da USC nunha cerimonia que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia en Compostela.
No acto, ademais do artista -o primeiro en máis de cinco séculos de historia da institución que sendo alleo á docencia universitaria é premiado con esta distinción-, intervirán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o reitor da USC, Senén Barro.
O escritor e xornalista Enrique Beotas presentará o libro Lamazares. Apuntes íntimos que asina xunto con Sergio Casquet e Pedro Sempere. A obra, prologada por Barro, recolle toda a biografía do pintor ao xeito dun dicionario, e inclúe a reprodución da obra Casa das sete yemas que o artista legou recentemente á USC.