Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Finalistas en concerto

A Coruña Son: media ducia de prometedoras propostas ao escenario

A Sala Túnel, no coliseo coruñés, acolle este sábado a actuación dos finalistas do certame herculino na súa edición 2010.

Redacción - 10:30 15/05/2010

Prométennos grandes doses de frescura e intensidade. Serán seis os grupos e solistas participantes, cubrindo un amplo abano de estilos, do heavy ao pop.

Soben ao novo escenario do Coliseum, a Sala Túnel, e son os gañadores do certame A Coruña Son nesta edición 2010. Á luz das propostas que levan saído en anos anteriores, non haberá decepción para os que se acheguen a gozar das composicións. Entrada de balde para ver e escoitar a: Batital, Fuco Xabier, Javier Ferreirós, Avante, Qronopios e Os John Deeres. Todos eles participan estes días no obradoiro de composición coordinado por Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Xabier Díaz, Carmen Rey e Sergio Lago.


Ligazóns

4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: