A poesía corrosiva, a música e o teatro de Olaia Pazos chegan esta semana a Ferrol no marco do programa Novas Noites.
Unha novidosa mestura de música, teatro e poesía é o que nos propón o grupo Aialo Laia este xoves en Ferrol. A capela do Centro Torrente Ballester acolle o concerto deste grupo, liderado por Olaia Pazos, autora do proxecto 'Queres que che conte un conto?', no que, ademais dos xéneros, mestura rock, bossa, funky, reagge, blues... e até tanto: “exerzo de batedor e todo soa con sabor propio”, di a artista.
O grupo está formado ademais por Franco Contreras (baixo eléctrico e guitarra española) e ofrece temas novos e diferentes sons, despois de percorrer diferentes salas de Madrid e Euskadi. O concerto enmárcase no programa Novas Noites, unha proposta do concello de Ferrol que converte a capela do Torrente Ballester nun café concerto, aberto a todo tipo música.