Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O perigo das Plantas Satélite Regasificadoras

"Transporte explosivo, chambonadas administrativas e contaminación"

Verdegaia pide "por cuarta vez" unha xuntanza con Industria para lle expor a súa preocupación pola política da Xunta ao respecto do gas natural en Galiza.

Redacción - 09:30 12/05/2010
Logo de campaña de Verdegaia

Logo de campaña de Verdegaia

Verdegaia informa dunha nova tentativa por se pór en contacto coa Consellaría de Industria. "Por cuarta vez" piden manter unha reunión co departamento que dirixe Xoán Guerra para lle expor a súa "preocupación polas políticas contaminantes e perigosas de fornecemento do gas natural en Galiza".

Segundo a organización ecoloxista, "estase a deixar que as operadoras aforren os investimentos na construción da rede de gasodutos do país", que en troques instalan as chamadas Plantas Satélite Regasificadoras (PSR) de -din- "ultrabaixo custo".

Como exemplo, citan a comarca do Barbanza, onde a compañía catalá Gas Natural-Fenosa tramita desde hai tres anos a concesión dun gasoduto. Afirman que o investimento previsto era de "perto de 15 millóns de euros", mais na práctica "está a ser substituído pola PSR de Ribeira, cun custo aproximado de 350 mil". Destes, a Xunta encárgase do 30%. Verdegaia recorreu esta instalación.

Máis dunha ducia de PSR autorizadas pola Xunta

En total, informan, son "máis dunha ducia" as PSR que está autorizando a Xunta en substitución da infraestrutura gaseira canalizada que estaba programada, e "con importantes achegas económicas públicas". Neste senso, ademais da de Ribeira -a de maior tamaño permitido na categoría- que está en construción, xa traballan as PSR de Sanxenxo e de Cee.

As PSR, afirma Verdegaia, conlevan o perigoso transporte do gas a diario polas estradas de todo o país en camións-tanque crioxénicos desde a única terminal no noso país, a de Reganosa, en Mugardos. Ademais, "preocupas a baixa calidade xeral dos proxectos presentados", "con importantes eivas de seguranza", "sen atención humana presencial".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: