O ferrolán reaparecía logo de se recuperar dunha lesión que lle impediu participar na proba inaugural en Sydney.
Xavier Gómez Noya, no seu debut mundialista da tempada, e Iván Raña remataron este sábado en 12ª e 14ª posición, respectivamente, a proba de Seúl do Mundial de triatlón, onde se impuxo o campión olímpico, o alemán Jan Frodeno.
Gómez Noya, recentemente recuperado dunha lesión que lle impediu participar na proba inaugural do circuíto en Sydney, mostrouse forte en natación e ciclismo, e algo menos na carreira a pé, onde se decidiu a proba.
Os australianos Courtney Atkinson e Brad Kahlefeldt, foron segundo e terceiro, respectivamente. O ruso Alexander Brukhankov convértese en novo líder da clasificación xeral.
A próxima proba do Mundial será os días 5 e 6 de xuño en Madrid, onde tamén se abrirá o período de clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.