Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN NAS EMPRESAS

Gas Natural Fenosa ampliará o uso do galego nas relacións cos seus clientes

Recoñece que os sistemas da eléctrica só permiten emitir facturas en castelán e reiteran a súa intención de darlle espazos á lingua propia de Galiza

Redacción - 12:40 05/05/2010

Unión Fenosa apenas contemplaba até o de agora o uso doutros idiomas (á marxe do castelán) na relación cos seus clientes. Dende Gas Natural Fenosa, a nova marca na que se integra a eléctrica, sinaláronlle a Vieiros que “logo da integración das dúas compañías, confía en poder ir introducindo o uso do galego nas súas comunicacións cos clientes que así o desexen a medida que os sistemas vaian evoluíndo e o fagan posíbel”

Dende Gas Natural Fenosa subliñan que xa houbo algunhas mudanzas na política lingüística da eléctrica e como exemplo poñen algunhas campañas comerciais nas que se utiliza a lingua propia de Galiza. No que respecta aos clientes do gas explícase que teñen a opción de escoller o galego como lingua para cartas e boletíns electrónicos: “No caso de clientes de electricidade, o preimpreso da factura é bilingüe pero o contido é castelán, porque os sistemas de Unión Fenosa só permitían emitir facturas en castelán”. A compañía catalana sinala que se darán pasos para adaptarse á realidade plurilingüe.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: