Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Música para a fin de semana

Ordes e Vilagarcía compiten por reunir máis público festeiro

O Festival do Norte e a gala contra o cancro da orquestra Panorama polarizan a axenda de concertos este venres.

Redacción - 12:15 30/04/2010
Cartel do Festival do Norte

Cartel do Festival do Norte

A fin de semana de transición entre os meses de abril e de maio ten como protagonista, no eido musical, o Festival do Norte, que ten lugar este venres e sábado no recinto feiral de Vilagarcía de Arousa

O cartel definitivo conta coa presenza, o venres, de Nada Surf, Fanfarlo, We Are Standard, Dorian e Munich no escenario Estrella Galicia; de Klaus & Kinski, Hola a todo el mundo e Emilio José no escenario Caixanova, e de Clovis DJ's e DJ Lagartija no FDN Dance Club.

O programa complétase o sábado 1 con Los Planetas, Pete & The Pirates, El Guincho, JJ e Nudozurdo no Estrella Galicia; La Bien Querida, Los Punsetes e Carrero Bianco no Caixanova, e DJ Polar e DJ Poti no FDN Dance Club.

Pero este venres hai tamén un importante evento no país, que xa se está a converter nunha cita anual. Cunha oferta ben complementaria á do Festival do Norte, a orquestra Panorama organiza no campo da feira de Ordes a Gala contra o Cancro. Estarán acompañados no escenario por artistas como Isabel Pantoja, Sergio Dalma, Kate Ryan, Carlos Baute, Tamara, Soraya, Seguridad Social, Santa Fe, Melocos e Juan Magán.

Pero a sexta feira hai máis concertos no país: A Tuna Rastafari e Verbena Son estarán no Porriño, no Bar Liceum; Cats & Monkeys na sala Aturuxo, de Bueu; Brainstorming no Run Rum, de Ferrol; Álvaro Muras, en Vedra; Desakato e La Desidia en Le Club, na Coruña; In Verno, To Nowhere e Rojo Dos, na Fábrica de Chocolate de Vigo; Jackelberrys, na sala El Canalla, en Sada. Ademais, tamén o venres, Joan Manuel Serrat actuará no Pazo da Cultura de Pontevedra, Kokusyoku Sumire no MARCO de Vigo e Zenet no Teatro Jofre de Ferrol.

Xa o sábado, 1 de maio, estará no Liceum do Porriño Pressing Bras; na Fábrica de Chocolate de Vigo, Donatore di Groove; The Real McKenzies e Agoraphobia, na Filomatic, da Coruña; Electric Riders e Funk'n Bastards, na Artefacto de Bueu; The Masons, no Mondo Club de Vigo; Nocheni, na sala Ardora de Porto do Son; Skarallaos, no centro cívico de Palavea, na Coruña; Zenet no Café Cultural Auriense, en Ourense, e Odaiko, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Tamén o sábado, terá lugar en Lugo un Concerto pola Lingua organizado pola deputación. Actuarán, na praza de Santa María, os Tres Trebóns, Mercedes Peón e Emilio Rúa. Será ás 20 horas.

O domingo 2 completan as previsións desta fin de semana Joan Manuel Serrat, no Pazo de Congresos de Compostela, Alva Noto, en ExpoCoruña; The Real McKenzies, na Iguana Club de Vigo; África Gallego, na Aturuxo de Bueu, e Tetra & Freek e Feca, na Sala Nasa de Compostela.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Tus amigos' de Los Punsetes, que estarán no Festival do Norte

Carlos Baute e Marta Sánchez na gala contra o cancro 2009