Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XVI Xornada Ponte nas Ondas

Quen atende a avós e avoas, sabedorías moitas e todas boas

"O tesouro dos avós" é tema da cita co patrimonio inmaterial este venres. Serán 24 horas de emisión fornecida por escolas de Galiza, Portugal e América.

Redacción - 09:00 16/04/2010

"Queremos que descubran os saberes que atesouran e que o reflictan nun programa audiovisual ou radiofónico, valorando os seus coñecementos e fomentando as relacións entre diferentes xeracións". Deste xeito o explican desde o colectivo Ponte nas Ondas ao fío da que será a XVI Xornada de Comunicación Interescolar organizada pola asociación. Unha cita xa consolidada que desta volta conta coa participación directa de 70 centros educativos de Galiza, Portugal, Brasil, Chile, Colombia, Cuba e Arxentina.

A convidados a construíren ponte de comunicación entre alumnado e avós e avoas, desta volta hai tamén un feixe de oportunidades para que calquera aula do país se una a esta xornada festiva a través da rede. Alén do seguimento da propia programación elaborada para este día, velaí un feixe de suxestións para traballar nos centros e, ao tempo, optar ao sorteo de premios diversos, cos concursos que invitan os cativos a enviaren debuxos dos seus avós, fotos antigas deles ou mesmo "a frase ou expresión que máis che gusta dos teus avós".

Toda a información, na web de Ponte nas Ondas.

De paso, achegámosvos a peza 'Ondas alén mar', a canción de Pancho Álvarez e María Solleiro para esta edición de Ponte...nas ondas!


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: