Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Venda de R

Desenvolver a lei de caixas para controlar os investimentos, subliña Guillerme Vázquez

"R non pode ser unha nova Fenosa", advertiu o voceiro nacional do BNG ao respecto da inminente toma de control da empresa por parte dun grupo de capital risco.

Redacción - 16:15 14/04/2010

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, demandáballe este mércores ao Goberno que tome medidas para impedir a venda da empresa. "R non pode ser unha nova Fenosa e polo tanto, como BNG, non compartimos a decisión de Caixanova de vender R", lamentou Vázquez.

Ao tempo, Guillerme Vázquez dixo estar seguro de que a Xunta era coñecedora do proceso e reclamou do Goberno que "impida a venda de R". "É lamentábel que, nin sequera, se emitise unha soa opinión sobre a venda", analizou. Recordou o nacionalista que é "fundamental" o desenvolvemento da lei de caixas para que o executivo teña capacidade para autorizar "non só os investimentos, senón tamén os desinvestimentos, nomeadamente daqueles activos estratéxicos, así como o control público das operacións". Ao fío, lembrou que R foi apoiada cando menos con 39 millóns de euros de investimento público nos últimos anos.

"Esta venda vai supoñer un pelotazo para que alguén obteña pingües beneficios no seu momento”, agoirou. Para o voceiro do Bloque estase entregando "unha empresa estratéxica, punteira e rendíbel para Galiza a mans foráneas, a unha desas empresas que se dan en chamar de capital de risco, que se adican ao negocio puro e duro e que non van pensar para nada no desenvolvemento do noso país".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: